EL LECTOR DENUNCIA

As ambulancias, únicas autorizadas para aparcar na Residencia

20170103200351764_result

Con motivo das queixas de don Luís Fernández con respecto aos "malos modos dos condutores de ambulancias" diante da porta de Oncoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense, dende a Asociación de Técnicos en Emerxencias Sanitarias "Tesgalicia", por alusións, queremos matizar o seu comentario

Con motivo das queixas de don Luís Fernández con respecto aos "malos modos dos condutores de ambulancias" diante da porta de Oncoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense, dende a Asociación de Técnicos en Emerxencias Sanitarias "Tesgalicia", por alusións, queremos matizar o seu comentario da fotografía publicada nesta sección de "El lector denuncia".
Debido ás obras de ampliación do CHUO, deuse a orde de que as ambulancias recollan os pacientes na porta da zona de Oncoloxía. Nese lugar, tamén teñen acceso os vehículos doutros servizos do propio complexo hospitalario, polo que a saturación desa estreita rúa é máis que evidente. 
O señor Fernández non ten razón en considerar que os profesionais do transporte sanitario "tienen la cara dura de apropiarse de la carretera que es de todos". Non debeu fixarse ben, porque antes do acceso a esa entrada e na súa marxe hai sinais que prohiben o acceso a vehículos non autorizados. As ambulancias si o son. Os coches particulares, non.
No caso de que realmente algún técnico lle amosase mala educación, recriminamos esa actitude. Pero descoñecemos cal foi a situación vivida e se as palabras do señor Fernández foron tamén axeitadas ou non.

Te puede interesar