Duchas sorpresa nas escaleiras de As Burgas

puent

En días de choiva, e dela este ano xa estamos fartos, cando un peatón sube ou baixa polas escaleiras que comunican os xardíns de As Bugas coa rúa Progreso, atópase con que pode levarse unha ducha sorpresa por mor dos foxos que existen no asfalto, e que salpican cando pasan os vehículos. A ver cando lle buscan unha solución para evitar que un cidadán que sae da casa enxoito, teña que voltar mollado por unha causa allea á sua vontade.

Te puede interesar