Líquidos dos contenedores

fotodenunciass_28-08-2018_5

O contenedor de materia orgánica situado á altura do número 35 da rúa Gómez Franqueira está roto na base o que fai que se filtren líquidos do que se deposita dentro,  provocando malos cheiros e un aspecto deplorable na zona, ademais de posibles infeccións. Levamos tempo nesta situación, aínda que os de limpeza veñen e o deixan todo limpo, o cabo de pouco tempo volta a ocurrir, polo que habería que proceder o seu cambio. Tamén comentar que nese punto, xusto diante do portal, temos unha auténtica muralla de contenedores, de papel, materia orgánica, plásticos e vidro.
 

Te puede interesar