Ourense

O mal funcionamento da fonte enche a Alameda de bulleiro

img-20150813-wa0002_result
photo_camera Fuente en el parque infantil de Alameda.

Na zona infantil da Alameda de Ourense existe unha fonte á que acoden os nenos para sacia-la súa sede. Debe de ter algún problema porque se estropea reiteradamente, tardando bastante tempo en arranxala, pero cando o fan, volve tardar moi pouco en volver a estar estropeada, polo que os nenos ensucianse nese bulleiro que alí se monta. Se non ten arranxo, o mellor sería que a cambiaran por outra que funcione, e os nenos teñan onde beber, sobre todo neste verán tan seco e caluroso que levamos pasado. E xa non digo do perigo que representa para os cativos o palco da música, ó que suben a xogar, sen falar do sucio que está todo.

Te puede interesar