EL LECTOR DENUNCIA

Un punto limpo non é tirar as neveras no monte

nevera

No concello de Verea, concretamente nun lugar tan emblemático como é o entorno da ermida de Nosa Señora da Ascensión de Gontán, permanece esta nevera.

No concello de Verea, concretamente nun lugar tan emblemático como é o entorno da ermida de Nosa Señora da Ascensión de Gontán, situada á carón da estrada N 540, concretamente no kilómetro 30,5, á marxe esquerda en dirección a Portugal, pódese contemplar a escasa conciencia cívica de algúns cidadáns ó tirar neveras vellas fronte a entrada da capela.

Unha imaxe repugnante, tal como se pode comprobar pola fotografía, que nos leva a pensar qué entenderán algúns por levar o lixo a un punto limpo. Para eles será deixalo tirado no medio do monte.

 

Te puede interesar