PERIGO DE BANDAS ORGANIZADAS

Seguridade cidadá en xogo

A proliferación de bandas armadas está a crear unha forte alarma social.

O asalto con violencia da vivenda do productor de televisión José Luís Moreno ven a corroborar a falta de seguridade cidadá que está a vivir o noso país.
A proliferación de bandas armadas organizadas, fundamentalmente provinte dos países de Europa do leste, que programan minuciosamente os seus atracos é constante fonte de noticias alarmantes diarias nos medios de comunicación.
O seu proceder, de modo preferente nas áreas residenciais próximas as grandes capitais, están a crear una forte alarma social, sobre todo pola violenta forma de actuar nos seus atracos, como no recente caso do productor Luís Moreno.
As forzas de seguridade do Estado encontrase desbordadas ante a evidente especialización destes grupos mafiosos organizados, necesitando de una forte modernización para poñer remedio a esta lacra actual da sociedade.

Por outra banda imponse a posta en funcionamento de leis firmes que revisen a entrada e asentamento no pais de xentes delictivas facéndose necesario a urxente reforma do Código Penal, actualmente vixente.

Marxinalidade e falta de control sobre a inmigración traen como consecuencia o aumento da delincuencia e da inseguridade cidadá. Sómente unha acción directa e disuasoria, dentro do marco xurídico do Estado, porá fin a estes lamentables feitos.

O responsable da bárbara agresión do productor e tantos outros que cometen delictos contra a propiedade, tanto pública como privada, teñen que recibir unha adecuada resposta por parte do goberno, máis ala de ideoloxías nin debates puntuais. Os cidadáns esiximos o dereito a vivir tranquilos sen permanente estado de sobresalto, tan en contra como na actualidade estamos a vivir.

Te puede interesar