O 33 Festival do Teatro premia a obra O Péndulo

Mari Fernández, Carlos Ledo, Francisco Fumega, Diego Fernández e Marta Pérez.
photo_camera Mari Fernández, Carlos Ledo, Francisco Fumega, Diego Fernández e Marta Pérez.
O director do Fetega instou ás institucións a prestar apoio á cultura

“Os do Fetega estamos satisfeitos co labor que desenvolvemos e que conta co apoio de moitas persoas”, manifestaba o director do Festival do Teatro Galego, Carlos Ledo, durante un acto no que se fixo un balance desta edición que acaba de rematar e que tivo un carácter solidario, polo que tamén facía entrega dunha parte da recadación a Aspadisi (Asociación de familias con persoas discapacitadas psíquicas). “Non se trata tanto da cantidade senón de non mirar para outro lado”, engadía, insistindo na importancia de dar visibilidade a entidade.

Ledo tamén destacou o labor dos voluntarios, que fan posible o festival pese as “limitacións orzamentarias”, apuntando que a cultura, o deporte, a actividade social “é a vida dun pobo se as institucións apoian estas iniciativas”. Nese senso, lembraba que se contou coas axudas do Concello, Deputación e Dirección Xeral de Turismo.

Carlos Ledo sinalou que o Fetega ofreceu un teatro “variado e atrevido”, e refeiruse entroutros espectáculos ao de “O Péndulo”, premio do público, cun sobresaliente alto. O alcalde de Carballiño, Francisco Fumega, facía entrega do galardón á autora, Marta Pérez, ao mesmo tempo que agradecía ao director do festival a difusión máis alá do Carballiño. Así mesmo, referiuse ás familias que piden que se reintegre o honor e valor daqueles que creron nunha causa xusta, referíndose á obra de Marta Pérez, que fixo chorar aos espectadores cunha historia inspirada no seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, fusilado por republicano e sindicalista.

Te puede interesar