Deportes

Aberto o pavillón municipal de deportes do Carballiño tras o estado de alarma

Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530007

O Concello do Carballiño abriu o pavillón municipal de deportes Paco Chao, tras proceder á desinfección das pistas e do resto das instalacións, retomándose a actividade deportiva con entrenamentos de equipos e escolas deportivas.

Para usar as pistas do pavillón é preciso solicitar previamente a quenda correspondente chamando ao teléfono do concello 988 530 007. Esta semana o horario de apertura é de tarde, pero a partir do próximo luns ampliarase tamén ás mañás.

O luns tamén se retomarán as clases da escola municipal de tenis, que quedaron interrumpidas durante o confinamento a causa da covid-19.

O concello vai abrindo pouco a pouco as instalación deportivas, culturais e lúdicas. En días pasados comezaron a funcionar as piscinas, coas medidas preventivas hixiénicas e sanitarias establecidas para este tipo de instalacións.

Tamén entrou en funcionamento a nova sala de estudo acondicionada na Casa da Cultura, e agora están pendentes os parques infantís para a próxima fin de semana.

Te puede interesar