As actividades da ANPA, abertas a tódolos nenos

A asociación de pais A Uceira, do colexio público Calvo Sotelo, presentou o programa de actividades extraescolares que está aberto a tódolos nenos, aínda que estudien noutros centros e os seus pais non perteñezan a entidade.
A directiva tamén puntualizou que os asociados terán preferencia no caso de cubrirse o número de plazas. Á saída das clases os rapaces poderán asistir a proxeccións de cine, actividades relacionadas co teatro, pintura, pandeireta, traballar na horta ecolóxica e ademais gaita, danza, canto e baile tradicional, no caso de que haxa demanda. O longo do ano, tamén se irán organizando outras iniciativas paralelas como rutas de sendeirismo, talleres ou mercadillos solidarios, entre outras. Os pais incidiron en que continuarán loitando para que se permita a votación sobre a xornada única, ó mesmo tempo que se mostraron desencantados coa reunión que mantiveron co Valedor do Pobo sobre a súa reivindicación, xa que non obtiveron a resposta de apoio que esperaban. Entre tanto, esperan introducir cambios no horario da xornada partida.

Te puede interesar