As actividadesde 'Xoga Rural' achegaranse áspersoas maiores

As rapazas e rapaces das parroquias do Carballiño teñen a oportunidade de participar dende o vindeiro 7 de xullo na sexta edición da 'Xoga Rural', unha aposta da Deputación provincial pola programación de actividades de lecer na tempada estival. O centro lúdico Xogaventura, ubicado na rúa Evaristo Vaamonde da vila do Arenteiro, acollerá, tódolos martes, mércores e xoves de xullo e agosto, unha ampla oferta de xogos para rapaces de catro a 14 anos.
Deste xeito, os nenos das 16 parroquias do municipio teñen a opción dos deportes de aventura, talleres de maquillaxe, globoflexia e papiroflexia, e tamén ó de cociña creativa, 'debido ó éxito que tivo na edición anterior', sinala José Luis Alves, xerente de Xogaventura.

Coma novidade, este ano introducirase no programa unha xornada especial de 'intercambio interxeracional' entre os rapaces e as persoas maiores aloxadas no Asilo de Ancianos do Carballiño, que participarán das experiencias e animación dos máis pequenos.

Te puede interesar