Adxudicadas as obras de urbanización do contorno da Veracruz

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou, de xeito provisional, as obras de acondicionamento do contorno do templo da Veracruz do Carballiño.
A adxudicataria é Misturas Obras e Proxectos S.A., por un importe de 957.882 euros. A intervención consiste na urbanización e pavimentación do contorno da igrexa, cun prazo de execución de 10 meses. Os traballos céntranse en mellorar a zona e construír unha nova rúa, Antonio Palacios, así como acondicionar o trazado da rúa dos Canteiros. Estas dúas vías, xunto coa de Evaristo Vaamonde, delimitarán o espazo. O convenio asinado tamén fixa a incorporación de árbores e vexetación. O departamento autonómico asinou no 2006 o convenio de colaboración co Concello para financiar o 100% das obras.


Te puede interesar