O alcalde de Boborás gestiona terreos para un velorio público

A necesidade de que a poboación do municipio dispoña dun velorio público motiva ó alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño, a facer xestións para que os propietarios de fincas no contorno da capitalidade fagan ofertas de venda ó Concello.
O rexedor 'popular' lembra que 'hai velorios en Feás, Cameixa e O Regueiro, pero non nas 11 restantes parroquias'. Os familiares de persoas fallecidas vense na obriga do traslado de éstas ós centros fúnebres do Carballiño, 'cos gastos e molestias que supón para os veciños', suliña Caamaño. Outra alternativa válida para o Concello sería acondicionar o terreo municipal da Almuzara para a execución do proxecto.

Te puede interesar