Provincia

A aldea de Alvite mellorou a travesía con 130 mil euros

A zona da intervención é unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e mesmo turístico

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará no mes de marzo unha orde de axudas dotada con 2,3 millóns de euros e destinada á creación ou mellora de infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes. A convocatoria, de carácter bianual, reservará 1,3 millóns a financiar actuacións municipais este ano e outros 950.000 euros quedarán para o vindeiro exercicio.

Así o anunciou  a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no transcurso dunha visita ao concello de Beariz para comprobar o resultado das obras de humanización acometidas no núcleo de Alvite grazas a un convenio de colaboración coa institución local.

A zona da intervención é unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e mesmo turístico. Así, recuperouse a súa vía principal, actuando sobre o pavimento coa colocación de adoquíns de granito moreno e mellorando e renovando as instalacións para a recollida das augas pluviais e outros servizos. O proxecto supuxo un investimento superior aos 130.000 euros, que a responsable autonómica enmarcou dentro do chamado Plan Hurbe.

Neste ano 2021, a Consellería de Medio Ambiente manterá esta liña de colaboración cos concellos, reservando nos seus orzamentos máis de 7,4 millóns de euros para financiar actuacións en municipios e contornas urbanas. Parte deses fondos serán para infraestruturas en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Te puede interesar