elecciones municipales

Alternativa Veciñal defende a súa oposición "en positivo"

Un dos eixos fundamentais foi tentar conseguir a xestión municipal directa dos servizos privatizados para aforrar, crear máis emprego e que sexan máis eficientes",

O grupo municipal Alternativa Veciñal (A.V.) do Carballiño realizou durante estes últimos catro anos "a súa función opositora en positivo, facendo propostas, chegando a consensos e negociando cos demais grupos, todo o que poidese beneficiar aos veciños", sinala o portavoz e candidato á alcaldía, Bernardo García. Engade que "centramos o traballo na organización interna do Concello a fin de que proporcione os mellores servizos posibles aos contribuíntes. Un dos eixos fundamentais foi tentar conseguir a xestión municipal directa dos servizos privatizados para aforrar, crear máis emprego e que sexan máis eficientes", algo que lamenta non haber conseguido do goberno socialista.

Tamén asegura que se lles negou "sistemáticamente a transparencia informativa, obrigándonos a acudir á Valedora do pobo". E ademais, insiste en que "síguese contratando persoal arbitrariamente e concatenando contratos de forma que chegue a entrar xente no concello vía xudicial", mentres, non hai profesionais especializados, segundo matiza.

Te puede interesar