CRITICAS

Alternativa Veciñal critica a pertenza ó Eixo Atlántico

Alternativa Veciñal pídelle ao alcalde, Francisco Fumega, que encargue un estudo específico do balance de beneficios e gastos da pertenza do concello ao Eixo Atlántico

O grupo municipal Alternativa Veciñal de Carballiño pon en duda o beneficio que supón para este concello pertencer ao Eixo Atlántico. Por ese motivo, solicita ao grupo de goberno a realización dun estudo previo á aprobación dos orzamentos de 2017, xa que "haberá que reconsiderar a pertenza do Concello do Carballiño á rede de concellos do Eixo Atlántico", sinala o concelleiro Bernardo García. 

Engade este membro da oposición que Carballiño ingresou neste organismo no ano 2008 e que a cuota anual por pertencer ao mesmo elevase a 18.000 euros ao ano. 

Alternativa Veciñal pídelle ao alcalde, Francisco Fumega, que encargue un estudo específico do balance de beneficios e gastos da pertenza do concello ao Eixo Atlántico para "poder tomar unha decisión informada antes de votar os orzamentos para o 2017", matiza.

Precisamente, nesta semana houbo unha reunión no Carballiño de representantes de vilas, cidades e balnearios do Eixo Atlántico para crear a primeira rede termal dacordo cunha proposta de Francisco Fumega. 

Te puede interesar