Os alumnos do colexio público pechan o curso cunha festa

A Asociación de Nais e Pais 'A Uceira', do colexio público Calvo Sotelo do Carballiño, organiza hoxe, a partires das 18,00 horas e no Casino Cultural, a xornada lúdica de clausura de actividades do curso actual. O programa incluirá a representación dunha obra de teatro, unha exposición de pintura cos traballos realizados ó longo dos últimos meses e a entrega de diplomas ós participantes.
Máis de 100 estudantes do colexio levaron a cabo dende o mes de setembro do ano pasado actividades de teatro, debuxo, patinaxe, inglés, xornadas micolóxicas, andainas, informática, cine, recollida de xoguetes no Nadal, un mercadiño para conmemorar o Día Internacional do Libro, excursiones ó museo Domus e ó Aquarium Finisterrae e a plantación dun horto ecolóxico.

Istes talleres contaron coa colaboración da Asociación de Comerciantes , Casino Cultural, o sindicato UGT, o claustro do colexio e o Instituto de Secundaria Número Un, que facilitaron ó colectivo de pais os locais necesariospara poder desenvolver as actividades.

Te puede interesar