Amil sinala que “está garantida a obra da torre de A Veracruz'

O recorte orzamentario para a restauración do patrimonio eclesiástico na provincia non afectará ó proxecto de consolidación da torre do templo parroquial de A Veracruz, segundo asegurou o concelleiro de Urbanismo do Carballiño, Manuel Amil Otero.
Neste sentido, o tamén tenente de alcalde do municipio afirmou que 'o propio director xeral de Conservación do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey, adiantou a semana pasada que a licitación das obras estaba a punto de ser anunciada no Diario Oficial de Galicia'.

Amil Otero fixo estas manifestacións despois de coñecer que o orzamento acordado pola comisión mixta Igrexa-Xunta para a rehabilitación patrimonial quedaba reducida a 45.000 euros, concretamente para a reforma da igrexa de Reza, unha parroquia de Toén.

'Non temos ningunha constancia de que se anulase a partida de 250.000 euros prevista para o arranxo da torre da Igrexa, tendo en conta o compromiso do director xeral e que o proxecto conta con tódolos parabéns dos técnicos do seu departamento', sinalou o concelleiro de Urbanismo de Carballiño. Os traballos de consolidación da torre de A Veracruz, que foi rematada no ano 1961, consistirán na limpeza e asegurado das pedras de granito, e aimpermeabilización das cubertas, ademais do desvío das augas pluviais.

Te puede interesar