andaina

A andaina a Cabanelas contou con 60 persoas

Os participantes na ruta cultural.
photo_camera Os participantes na ruta cultural.
O centro de estudios Chamoso Lamas organizou esta ruta desde a Ponte de Veiga para celebrar o seu 25 aniversario

A ruta cultural desde a Ponte de Veiga a Cabanelas, no Carballiño, xuntou este sábado a 60 persoas que participaron no percorrido de aproximadamente 10 kilómetros, con parada nos lugares máis destacados, onde recibiron información detallada por parte do arqueólogo, Jorge Lamas, e do biólogo, Diego Reboredo. Ambos son membros do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que organizou esta actividade dentro da programación que leva desenvolvendo nos últimos meses con motivo da celebración do seu 25 aniversario.

Os membros da organización mostrábanse moi satisfeitos coa resposta a esta convocatoria xa que inicialmente estaba prevista a asistencia de 50 camiñantes, sobrepasando as expectativas coa participación de nenos e maiores.

A ruta comezaba ás 09,30 horas e remataba ás 18,00 horas. Ademais das paradas en sitios de interés desde o punto de vista histórico, patrimonial ou paisaxístico, os asistentes tamén descansaron ao mediodía en Moldes, de Boborás, para xantar, e despois continuar ata Cabanelas. Nesta localidade está a sede do Centro de Estudios Chamoso Lamas, onde se proxectou un documental sobre os 25 anos de traxectoria da entidade.

Ao final, os participantes eran trasladados en vehículos deste este pobo ata o Carballiño.

Ademais da Ponte de Veiga, que é medieval e foi restaurada recientemente por o arqueólogo Jorge Lamas, tiveron a oportunidade de disfrutar da visita a iglesias, ao castro Cavadoso e seguir as ribeiras do río Arenteiro, entre outros lugares.

Te puede interesar