O CARBALLIÑO

Os artistas sairán mañá a pintar nas rúas da vila

<p></p>
photo_camera O Gran Balneario será dibuxado e pintado ao menos desde catro perspectivas distintas.

Unha vintena de afeccionados cofirmaron xa a participación na mostra 

Una vintena de artistas afeccionados pintarán este domingo as prazas, os monumentos e os lugares emblemáticos do Carballiño. É a I Mostra de Pintura na Rúa, que organiza a Concellería de Cultura en colaboración con artistas, obradoiros de pintura como o de Mari Carmen, e a librería Escolma, que agasallará aos participantes máis novos con estuches de debuxo. Precisamente, das 22 persoas inscritas, máis da metade son nenos e mozos de entre 11 e 16 anos.

A Fonte do Concello, a Fonte de Flores, diversas perspectivas do Gran Balneario (desde o sendeiro do Arenteiro, desde o Estanque de San Roque, desde o Lavadoiro de Toscaña, e desde a ponte de Toscaña), a escultura dos Irmáns Prieto no Parque municipal e a Piscifactoría son algúns dos monumentos e lugares que se van a pintar.

O programa desta iniciativa fixa os horarios para que as persoas interesadas en velos traballar podian acercarse. Así, as fontes, entre as 10,00 e as 11,30 horas; o Balneario, a partir das 12,00 horas e pola tarde a partir das 16,00 horas; a escultura dos Irmáns Prieto, entre as 18,00 e as 20,00 horas; e a Piscifactoría, a partir das 19,00 horas. Con todo, poderanse ver artistas pintando ou debuxando noutras prazas e espazos públicos da vila a partir das 10,00 e ata as 20,00 horas.

A iniciativa pretende dar a coñecer e levar á rúa a arte pictórica e, ao mesmo tempo, desenvolver unha actividade solidaria, xa que as obras donaranse ao centro de Aspadisi (Asociación de familias con discapacitados). Así mesmo, de entre todas elexirase unha pintura que será o cartaz da II Mostra de Pintura na Rúa e que quedará exposta no concello permanentemente. O resto tamén serán expostas na Casa Consistorial.

Te puede interesar