A asociación xestora da canceira solicita axuda ecónomica para o seu mantemento

Os directivos do grupo ecoloxista Outeiro manifestaron onte a súa preocupación polo futuro da canceira municipal de Carballiño, que eles están a xestionar dende hai oito anos no monte de A Medela.
Neste sentido, o presidente do colectivo, Francisco Valeiras, apuntou que ‘precísanse 24.000 euros anuais só para pagar a Coren o transporte da comida, mentres a cantidade da que dispomos para manter as instalacións é de 10.700 euros’.

Este incremento deriva da prohibición sanitaria encol do traslado de mercadurías de procedencia animal, e que obligará a Outeiro ó abono de 0,20 euros por cada quilo transportado entre a planta de Coren e A Medela, ‘e nós estamos a consumir un total de 3.000 quilos ó ano’. Francisco Valeiras adiantou que ‘se no prazo dun mes non hai unha resposta das institucións (Concello e Mancomunidade do Carballiño, Xunta ou incluso a Deputación) para apoiar economicamente este proxecto, o grupo Outeiro abandoará a xestión da canceira’.

Orzamentos

O presidente da asociación ecoloxista tamén quixo saír ó paso das críticas do BNG encol do estado de hixiene das instalacións de A Medela, ‘xa que o concelleiro Bernardo García nunca estivo na canceira e polo tanto non sabe do que fala’. Valeiras apuntou que ‘hai deficiencias porque nas obras executadas ata agora pensamos máis en ampliar a súa capacidade que na dotación de vestiarios e construcción dunha depuradora, para as que xa solicitamos unha subvención’. E engadiu que ‘ningún grupo político da Corporación se preocupou por incorporar ós orzamentos do Concello unha partida para a canceira’.

Te puede interesar