O CARBALLIÑO

Aumentaron as denuncias por violencia de xénero en 6 meses

photo_camera A Xunta de Seguridade de Carballiño, onte no salón de plenos.

O Carballiño situase por detrás da capital en agresións, sobrepasando por primeira vez a Verín

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu onte a Xunta Local de Seguridade do Carballiño, constatando os seus membros unha tendencia á baixa de un 16% na totalidade de infraccións penais entre xaneiro e xuño do ano 2015 e en comparación co mesmo período de tempo de 2014 . No que respecta á actividade desenvolvida en materia de violencia de xénero destaca a xunta a importante labor policial de protección ás vítimas, producíndose un incremento das denuncias, situandose Carballiño por detrás da capital, e superando por primeira vez a Verín.

A Subdelegación do Goberno sinala que os delitos contabilizados descenden 25 puntos, mentres as faltas repuntan ata os 9 puntos. Baixan así mesmo as infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e as infraccións administrativas. A xunta tamén comprobou que é menor o número de detidos e imputados, mentras que os niveis de esclarecemento manteñen as mesmas porcentaxes, por riba do 65%. Sobre a Festa do Pulpo (segundo domingo de agosto), o subdelegado do Goberno, Roberto Castro sinalou, “a necesidade de incrementar tódalas atencións, e delimitar con exactitude o dispositivo de seguridade".

Te puede interesar