SERVICIOS

A autovía AG-53 contará cun área de servizo entre Maside e Punxín

Estas intalacións ubicaranse entre os puntos quilométricos 80,250 e 80,750 da autoestrada, a meirande parte delas na marxe esquerda, empregando só a dereita para dotar de acceso á mesma.

A Xunta publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo na autovía AG-53 (Dozón-Ourense), á altura do municipio de Maside. A parcela na que se localizará a futura área de servizo pertence á parroquia de San Miguel de Armeses, no límite co veciño concello de Punxín. Estas intalacións ubicaranse entre os puntos quilométricos 80,250 e 80,750 da autoestrada, a meirande parte delas na marxe esquerda, empregando só a dereita para dotar de acceso á mesma.

O terreo previsto para a ubicación conta cunha superficie irregular e atópase parcialmente explanada e sen vexetación na súa parte máis central. Na actualidade, están executados os carrís de aceleración e deceleración en ambas marxes, así como a rotonda, parte dos viarios de acceso e o paso superior. O deseño desta área, con acceso desde a AG-53, é perfectamente compatible coa posible execución nun futuro dun enlace nese punto entre a AG-53 e a N-541, na zona limítrofe entre os municipios de Maside e Punxín.

Te puede interesar