Avantar celebra o 50 aniversario na defensa da cultura e lingua

Unha gala, mesas redondas, roteiros e recitales, son algunhas das propostas para este ano 2024

A Agrupación Cultural Avantar celebra este ano o seu 50 aniversario. Unha entidade da que destacou o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, a súa loita pola defensa da lingua e da cultura e a que agradeceu a súa labor como parte da historia deste concello.

Reme Forneiro, acompañada de Nani Blanco e polo concelleiro, presentou a programación especial deste 2024, anunciando para o 23 de abril, na Casa da Cultura, ás 20,30 horas, unha mesa redonda na que participarán membros históricos como Felipe Senén, César Varela, Ana Isabel Rodríguez e Xan Alfonso García, co moderador Darío Rodríguez. Ademais, o Roteiro Manuel María incorpora nesta ocasión unha ruta para os adultos, a maiores da habitual para escolares.

O 25 de maio está prevista a Foliada e continuará a Tasca e Literatura, ademais do club de lectura e a celebración do Samaín, que se iniciou o pasado ano.

Os días 8 de maio e 25 de novembro desenvolveranse actividades nos colexios, hostalería e comercio; haberá unha mesa de debate sobre fútbol e cultura; e tamén unha gala o 6 de xullo, no Auditorio Manuel María.

Te puede interesar