Os escolares do Carballiño lembraron a poesía de Manuel María

Así foi o homenaxe a Manuel María no Carballiño

A Agrupación Cultural Avantar organiza un ano máis no Carballiño o Roteiro Manuel María, que comezou onte con alumnos de Primaria do colexio Vila do Arenteiro, e terá hoxe continuidade con escolares de Secundaria.

É unha actividade dirixida ao público en xeral, que partía da Praza da Veracruz, guiados os participantes por un arrieiro.

Ao longo do percorrido fan sete paradas onde están colocadas as placas de homenaxe a Manuel María e ao libro Cantigueiro de Orcellón inspirado no Carballiño.

Desta maneira, os participantes detéñense primeiramente na Praza Maior, na antiga casa de Emilia Pardo Bazán, continuando á Praza das Galiñas, A Eira, fonte e reloxo do Concello para rematar na Fonte de Flores.

Durante o percorrido e nas paradas recítanse poemas e lémbrase a figura do escritor que sempre estivo moi vinculado co Carballiño.

Te puede interesar