SUBVENCIÓNS

Axudas para actividades deportivas por 12.000 euros

Esta convocatoria ten por obxecto fixar os criterios e procedemento para conceder subvencións a deportistas de alto nivel

A Concellería de Deportes do Carballiño destinará 12.000 euros para subvencións de actividades deportivas durante o próximo ano.  O Boletín Oficial da Provincia publicou onte esta convocatoria, polo que o prazo para poder solicitalas comeza hoxe e rematará dentro de 10 días, o 2 de decembro.


Esta convocatoria ten por obxecto fixar os criterios e procedemento para conceder subvencións a deportistas de alto nivel, entidades deportivas, clubs ou asociacións deportivas, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións Deportivas da provincia de Ourense, que realicen actividades deportivas no Concello do Carballiño.


Nesta convocatoria non entra nin Club Depaortivo Arenteiro, nin o Fútbol Sala, cuxas escolas deportivas réxense por outro tipo de axudas directas.


As solicitudes e documentación débense presentar no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo previsto para que os interesados poidan acceder a estas axudas, cuxo importe total quedará contemplado para este fin nos orzamentos municipais do 2017, nos que traballa agora o Concello. 

Te puede interesar