O Carballiño

A Banda de Vilatuxe e a Coral presentan o seu CD

O Carballiño

MÚSICA

A Banda de Vilatuxe e a Coral presentan o seu CD

As dúas agrupacións acaban de grabalo conxuntamente e sairá á venta no próximo mes de xaneiro

A Coral do Casino do Carballiño e a Banda de Vilatuxe ofrecerán este venres un concerto no Auditorio Manuel María, ás 20,00 horas, e que será de entrada libre e gratuita. Así o anunciaba a vicepresidenta da asociación da agrupación carballiñesa, Pilar Caballero, quen sinalou que a banda de música interpretará algunhas pezas en solitario e outras conxuntamente coa coral. O concerto terá lugar despois de que ambas formacións gravasen un CD que estará a disposición do público no próximo mes de xaneiro.

Pilar Caballero tamén se referiu a outras actuacións programadas como a do 15 de decembro en Beariz, o 25 en Vilatuxe e o Concerto de Reis, no templo da Veracruz,  que xunto co CD supoñen a culminación da celebración do 40 aniversario desta formación coral.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, tamén participou na presentación deste concerto, animando ao público a asistir, ao mesmo tempo que felicitou á coral polo gran traballo que realiza tanto no Carballiño como por Galicia, España e Portugal, levando o nome da vila a todos os lugares.

O concelleiro destacou especialmente o seu 40 aniversario e o esforzo que levan realizado os seus integrantes para innovar e ofrecer espectáculos máis creativos e de maior calidade.