Bautista Álvarez presenta o libro 'Retallos daquela infancia'

O vindeiro día 5 de decembro, no Casino do Carballiño, o histórico nacionalista Bautista Álvarez presentará o seu libro de relatos 'Retallos daquela infancia', que acaba de publicar recentemente.
O acto está previsto para as 20,30 horas e o autor estará acompañado polo profesor César Varela e o director da editorial Xerais, Manuel Bragado. Ao final do acto, Bautista Álvarez asinará exemplares do libro. Este poderá adquirirse nas instalacións do Casino onde se fai a presentación, contando coa colaboración da 'Libraría Escolma' do Carballiño. Organiza a Mesa pola Normalización Lingüística.

Te puede interesar