CONVENIO

Beariz asina un convenio con Afaor para impartir talleres

O desenvolvemento do proxecto consiste na realización de obradoiros de formación dirixidos a persoas residentes neste municipio ou en pobos limítrofes que desexen ou precisen de asesoramento e estratexias no autocoidado da saúde cognitiva e coidado de familiares ao seu cargo

O Concello de Beariz ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Ourense (Afaor). Trátase dun convenio marco de colaboración para o desenvolvemento dunha estratexia estable de colaboración no diseño e implantación de medidas orientadas á mellora de calidade de vida do colectivo afectado pola doenza de alzhéimer e deterioro cognitivo afín no Concello de Beariz. 

O desenvolvemento do proxecto consiste na realización de obradoiros de formación dirixidos a persoas residentes neste municipio ou en pobos limítrofes que desexen ou precisen de asesoramento e estratexias no autocoidado da saúde cognitiva e coidado de familiares ao seu cargo. 

Cada obradoiro segue unha metodoloxía dinámica e participativa, onde os asistentes traballarán conxuntamente nas diferentes sesión a implementar. 

A modalidade do obradoiro posibilitará o traballo grupal, dando lugar a compartir experiencias e a creación de novas amizades. Esta iniciativa encamiñada a mellorar a calidade de vida das familias con persoas que padecen esta enfermidade desenrolarase no Salón de Actos do Concello de Beariz. 

Os responsables municipais animan aos seus veciños e a outros de localidades próximas a participar nestes obradoiros.

Te puede interesar