Beatriz Pérez gaña o Concurso Literario 2023 de Beariz

Beariz.
photo_camera Beariz.

O xurado do Concurso Literario de Beariz otorgou o primeiro premio á obra “Vitimas, verdugos e perdón”, do que é autora Beatriz Pérez González, e que está dotado con 500 euros. O xurado valorou que “o conto consigue nunhas poucas páxinas, usando o funeral que serve de marco ao relato, mostrar a morte non como unha simple traxedia e un final senón coma unha consecuencia mais dunha vida tráxica de por si que da e quita sentido as vidas dos achegados, xerando unha rede de acontecementos, e moldeando as personalidades dos protagonistas”.

O segundo premio correspondeu a “Tango”, de Pablo Nogueira Campo, dotado con 300 euros. “Unha boa narración con alto valor literario que consigue retratar a aspiración contemporánea a un éxito gris na pel dunha muller refuxiada nunha vida asentada no que se ven chamando agora a zona de confort ata que é arrincada da mesma de súpeto, revelando deste xeito a verdadeira natureza moral da protagonista”, sinala o xurado.

O terceiro premio foi para “No me voy sin despedirme”, de Andrés de la Vega Rivas, que recibirá 200 euros. “Relato fortemente alegórico no que podemos ver unha acumulación de ideas-obxecto, todas elas imperfectas, xa sexa por inacabadas, desaproveitadas ou descoidadas”, valora o xurado deste Concurso Literario.

Te puede interesar