OBRAS DE MELLORA

Beirarrúas e asfaltado mellorarán o acceso da rúa Irixo ás piscinas

<p></p>
photo_camera Os traballos comezaron co acondicionamento das cunetas, na carretera do Irixo.

O pavimento está en mal estado e os peóns camiñan pola cuneta

A estrada do Irixo, no Carballiño, contará cun novo asfaltado e beirarrúas ata pasar a Ponte de Veiga, segundo confirman as autoridades municipais. O obxectivo está en mellorar as condicións da circulación, a estética do barrio, e o acceso dos peóns ás piscinas municipais, xa que a ausencia de beirarrúas convertían este tramo en perigoso. Estes días, unha empresa realiza os traballos preparatorios das obras que están sendo executadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a petición do Concello Carballiño.

Precisamente, hai unhas semanas desplazouse a Santiago o alcalde, Francisco Fumega, para plantexar a necesidade de construir unha beirarrúa que puidese evitar o peligro que supón para os viandantes camiñar pola cuneta desta estrada. Este perigo increméntase no verán polos numerosos usuarios das piscinas municipais que van a pé e a intensificación do tráfico.

Ademais, trátase dunha estrada con moitas vivendas e negocios e de acceso ao cuartel da Garda Civil, polo que o seu acondicionamento era unha necesidade imperiosa, xa que o firme está en moi mal estado e só hai beirarrúa coincidindo coa barriada de casas, e a partir de aí só cuneta.

A obra supón, polo tanto, unha mellora significativa tanto na seguridade das persoas como para os propios vehículos, e tamén para a imaxe do barrio.

O proxecto consiste no asfaltado en todo o tramo de estrada desde o cruce coa N-541 (Ourense - Pontevedra) ata o cruce coa estrada Carballiño-Lalín, ao pasar a Ponte Nova de Veiga; ademais da dotación de beirarrúa pola marxe esquerda desde a zona habitada ata o cruce coa estrada Carballiño-Lalín.

Hai uns días unha empresa comezou a limpar as cunetas para ver os puntos de desagüe antes de proceder á construcción da beirarrúa e ao asfaltado, que son inminentes.

As autoridades municipais manifestaron a súa satisfacción pola execución deste proyecto, despois de ser reclamado polos veciños deste entorno e polos usuarios das piscinas municipais.

Te puede interesar