O CARBALLIÑO

O BNG alerta sobre os roubos en negocios e tamén vivendas

Solicita a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade para analizar os diferentes episodios de roubos

O grupo municipal do BNG do Carballiño solicita ao concello a convocatoria da Xunta Local de Seguridade. Os concelleiros Xosé Francisco Ferreiro e Sofía García refírense "a situación de continuos roubos que estamos a vivir últimamente na nosa localidade, marcan unha tendencia que debe atallarse de forma eficiente o antes posible".

Engaden que "aínda que polo de agora non existen motivos para falar dunha situación grave de inseguridade, todos somos coñecedores da precariedade pola falta de efectivos necesarios para cubrir os tres turnos diarios da Policía Local con dous axentes".

Por ese motivo, o BNG solicita a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade para analizar os diferentes episodios de roubos que están a suceder fundamentalmente en vivendas e negocios co fin de buscar solucións.

Te puede interesar