Nadal 2020

O BNG califica de despilfarro a iluminación do Nadal deste ano

Sofía García (ÓSCAR PINAL)
photo_camera Sofía García (ÓSCAR PINAL)

O BNG do Carballiño califica de "despilfarro" que o Concello invirta 45.980 euros na iluminación de Nadal, tendo en conta, según engade a portavoz Sofía García, que son unhas cantas luces en determindas rúas e unha árbore diante da casa do Concello", ao mesmo tempo que demanda información sobre a empresa adxudicataria.

O portavoz do Goberno, Diego Fernández, afirma que lamenta a desinformación da concelleira porque se elexiu entre dúas empresas a máis económica e se lle adxudicou por dous anos a instalación por un coste anual de 22.990 euros. Ademais, sinala que nas rúas, parroquias e edificios que aínda non teñen iluminación quedará instalada na próxima fin de semana.

Te puede interesar