Política municipal

O BNG do Carballiño propón un órgano para supervisar as contratacións

Segundo defenden os nacionalistas, constatáronse vulneracións dos requisitos contemplados na lei de contratos do sector público

O BNG do Carballiño defenderá unha moción no próximo pleno municipal na que propón crear un órgano de supervisión e control plural dos procesos de contratación do Concello. "A cantidade de reparos observados en varios contratos  municipais e a falta de transparencia  son o motivo polo que demandamos un control máis exhaustivo sobre o gasto", afirma a portavoz municipal do BNG, Sofía García. 

Segundo defenden os nacionalistas, constatáronse vulneracións dos requisitos contemplados na lei de contratos do sector público, "como o fraccionamento de contratos para que sexan contratos menores", apunta o BNG, que afirma como se chegan a indicar en informes de intervención nos que se recolle textualmente: "Apréciase claramente a fragmentación en varias facturas co fin de evitar a solicitude de 3 presupostos, con importes todos eles próximos aos 1.500 euros, e por conceptos similares en días consecutivos ou incluso no mesmo día". A isto, subliña a voceira nacionalista, engádese "a multitude de impedimentos e demoras inxustificadas para acceder á documentación que se solicita desde a oposición". 

Te puede interesar