O BNG pide a Marnotes que rexeite a peaxe na autovía AG-53

O BNG do Carballiño manifestou onte o seu total desacordo e preocupación ante a posibilidade de que o Goberno de España cobre unha peaxe polo uso das autovías, 'xa que esta medida pode traer consigo graves consecuencias económicas para a nosa comarca', sinala. Por todo elo, o BNG nos vindeiros días vai presentar unha moción encamiñada a instar ao Concello do Carballiño a expresar o rexeitamento firme desta medida 'e levar a cabo as actuacións e xestións necesarias que traten de evitar este atropello ós veciños do Carballiño', engade.
'Os nacionalistas pedirémoslle á Xunta o seu compromiso de renuncia o posible cobro dunha peaxe no tramo de autoestrada dende Lalín ata Ourense', segundo se recolle no comunicado. O BNG espera contar co apoio do alcalde e grupo de gobierno municipal.

Te puede interesar