O BNG reclama unhas bases para contratar persoal para o Concello

O BNG do Carballiño critica os 'reproches' entre socialistas e populares en relación á política de persoal. 'Queremos mostrar a nosa repulsa diante do espectáculo tan bochornoso que deron o Partido Popular e o PSOE cos reproches contínuos co gaio da política de persoal, debido aos despidos producidos recentemente no Concello, xa que estes reproches non solucionan para nada os problemas da cidadanía', sinala.
Os nacionalistas instan a ambos grupos a sentar 'unhas bases consensuadas coas forzas sindicais conforme a igualdade, capacidade e mérito para a contratación do persoal que ofreza as maiores garantías de transparencia á cidadanía'.

Os socialistas posicionáronse en contra do despido de sete traballadores, entroutros motivos porque non se contou cos sindicatos e se prescinde de xente válida, mentres que se coloca a persoal afín ó PP. Argimiro Marnotes contestaba que o único que se persigue é optimizar recursos, tendo en conta que xa non haberá subvención para os afectados, ó mesmo tempo que sinalaba que en política de persoal, 'xa non está implantada a demagoxia'.

Te puede interesar