O Carballiño

O BNG reclama melloras no transporte ferroviario de Carballiño

O Carballiño

Política

O BNG reclama melloras no transporte ferroviario de Carballiño

O BNG demanda a ampliación da frecuencia horaria da liña rexional Ourense -Santiago e esixe ao concello a que se inste ao goberno central a que acometa a modernización da mesma

O BNG trasladará ao Parlamento galego e ao pleno do Concello do Carballiño a alarmante situación do transporte ferroviario e demandará solucións aos problemas reais do servizo ferroviario. "Unha situación que non é nova e que xa foi denunciada polo grupo nacionalista", matiza a portavoz, Sofía García.

O BNG refírese aos "continuos problemas coa liña de rexional, abusos aos usuarios ao cobrárselles o prezo do billete e non darlles un lugar para sentarse, atrasos, avarías, ou o menosprezo de ofrecer trens turísticos que non cubren as demandas reais da nosa vila, como os denunciados a fin de semana do 27 de outubro cando os usuarios se tiveron que rebelar na estación do Carballiño".

Así, demandará ampliar a frecuencia horaria da liña rexional Ourense -Santiago e esixe ao concello a que se inste ao goberno central a que acometa a modernización da mesma, entre outras melloras.

Más en O Carballiño