O CARBALLIÑO

O BNG reclama solucións que palíen a baixada de caudal

photo_camera Peixes mortos por asfixia nun tramo do río Arenteiro

O concelleiro, Marco Reboredo considera que eses reproches "de nada serven para solucionar as consecuencias negativas da seca que estamos padecendo"

O BNG de Carballiño lamenta o comportamento dos partidos maioritarios da Corporación municipal (PSdeG e PP), "que se reprochan entre eles o funcionamento da depuradora e a mortandade das troitas no río Arenteiro". O concelleiro, Marco Reboredo considera que eses reproches "de nada serven para solucionar as consecuencias negativas da seca que estamos padecendo". Nese sentido, destaca que o BNG xa solicitou fai 15 días do equipo de goberno unha reunion da comision pertinente para tomar medidas preventivas ó respecto das posibles consecuencias negativas do baixo caudal do río. Ademais, sinala que a depuradora non ten capacidade para tratar as residuais dunha poboación como a do Carballiño sobre todo no verán.

Te puede interesar