O BNG urxe pediatras para cubrir O Carballiño

Manifestación en O Carballiño solicitando el restablecimiento del servicio de pediatría el pasado 10 de diciembre.
photo_camera Manifestación en O Carballiño solicitando el restablecimiento del servicio de pediatría el pasado 10 de diciembre.
Representantes do BNG a nivel municipal, provincial e autonómico mantiveron unha reunión con membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño para trasladar o seu apoio a mobilización convocada para este domingo e explicar as iniciativas que teñen rexistrado até o momento sobre a carencia do servizo de atención pediátrica que sofre a comarca

Para a organización nacionalista, a falta de previsión e xestión da Xunta non poden furtar os dereitos da veciñanza e menos das máis de 2.300 crianzas que se ven afectadas “por este parche da Xunta”.

En opinión da deputada nacionalista, Noa Presas, esta situación é froito da mala xestión do goberno do PP e da súa mala planificación. “Non planificou o relevo da especialista que se xubilou e non planifica tampouco a cobertura dos especialistas cando teñen unha enfermidade ou excedencia”, sinala.

“O que pretende facer a Xunta é un parche. Non se poden cubrir dúas prazas do servizo de Pediatría con media praza, compartida co barrio da Ponte de Ourense”, recrimina a deputada.

Te puede interesar