O Carballiño

Boborás expón o seu Plan municipal contra os incendios

Os planos poden consultarse no salón de plenos do Concello, no propio enlace da web ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Boborás

O Concello de Boborás ten nestes momentos e durante 20 días hábiles en exposición pública a aprobación inicial do Plan Municipal de Defensa e Protección dos Incendios Forestais nas franxas secundarias dos núcleos de poboación. Os veciños poden acercarse a ver os planos que están a súa disposición no salón de plenos e tamén no propio enlace da web ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica de Boborás.

Nos planos delimítanse as franxas que deberán estar limpas ao redor dos pobos para protexelos dos lumes. E son os seus titulares os que deberán facer a limpeza, segundo apunta a alcaldesa, Patricia Torres.

No caso das parroquias de Xurenzás e Albarellos, ao ser parroquias priorizadas, os propietarios poderán acollerse ao convenio coa Xunta de Galicia  para que sexa esta a que acometa a limpeza.

Os responsables municipais informan aos veciños de Boborás, que no caso destas dúas parroquias máis afectadas polos incendios, a Administración autonómica pode facerse cargo da limpeza, aínda que cobrando 350 euros por hectárea, sendo proporcional en función dos metros afectados en cada caso. Estos convenios poden asinarse no Concello de Boborás e serán tramitados ante a Xunta de Galicia. Segundo apunta Patricia Torres, nestes momentos "xa hai varios asinados no noso municipio".

Te puede interesar