catr

Boborás pon en marcha un programa de visitas guiadas

Ata finais de outubro poderase participar nestas visitas que se desenvolverán cada semana, de mércores a domingo

O Concello de Boborás activa desde este mes de xullo o seu proxecto de visitas guiadas aos fitos máis destacados do seu patrimonio cultural e natural.

Ata finais de outubro poderase participar nestas visitas que se desenvolverán cada semana, de mércores a domingo. As visitas fanse baixo reserva. 

Os fins de semana, o programa componse dunha visita guiada ao pobo de Moldes, os sábados pola mañá. A tarde dedicarase a camiñar por Pazos de Arenteiro e cada domingo pola mañá haberá unha segunda visita a Pazos de Arenteiro e polo serán, outra que partirá desde Moldes ata Castro Cabadoso. 

Te puede interesar