Caamaño lembra que xa informou sobre o localde Cameixa

O escrito presentado polo grupo municipal do BNG de Boborás, no que solicita un informe do arquitecto do Concello encol das reformas feitas no centro social da parroquia de Cameixa, foi calificado de 'esperpéntico' polo alcalde, Cipriano Caamaño. O rexedor 'popular' lembrou que na sesión plenaria do pasado mes de abril 'xa din explicacións dabondo tanto ós nacionalista coma ó voceiro do PSOE, xa que din lectura a dous informes sobre os problemas dese edificio'.
Caamaño reitera que 'a cuberta do edificio foi danada polo temporal do inverno, e rexistráronse humidades no interior, que deberán solucionarse coa instalación dun sistema de deshumificación'. O alcalde lamentou que 'os concelleiros da oposición non saiban escoitar, cecais precisen dun otorrino'.

Te puede interesar