emprego

Carbaemprego facilitou traballo a 55 parados que asisten ao curso

O programa integrado de emprego comezou en novembro con 100 participantes

O Programa Integrado de Emprego de Galicia "Carbaemprega 2018" conta con 55 persoas traballando actualmente. O Concello do Carballiño leva dende novembro traballando a inserción sociolaboral de 100 persoas, buscando mellorar a empregabilidade dos demandantes a través de cursos que conseguiron, en moitos dos casos, incorporalos ao mercado laboral. 

Ata o momento, ademais dos cursos de mellora da procura de emprego, desenvolveuse a formación en soldadura, carretilla elevadora, manipulador de alimentos, e actualmente se está realizando a formación en prevención de riscos laborais. Durante este mes comezará tamén o certificado de profesionalidade en actividades auxiliares de almacén que permitirá a incorporación laboral de desempregados no sector loxístico.

O concelleiro de emprego, Manuel Dacal, resalta a importancia deste programa debido a que neste momento, están traballando 55 participantes en diferentes sectores e postos, na que destaca a colaboración de Talleres Dizmar, neste e en anteriores programas, que incorporou sete usuarios na súa plantilla. Dúas persoas máis foron para GRI Towers. 

Entre as persoas que están activas hai autónomos, que recibiron asesoramento no seu proxecto emprendedor, operarios industriais, camareiros, albaneis, administrativos, dependentes e incluso un investigador nunha universidade inglesa.

Te puede interesar