Os carballiñeses poden aprender os secretos da música moderna

A asociación cultural e musical '8 Notas', coa colaboración do Casino Cultural do Carballiño, oferta talleres de música moderna para tódalas idades, que se desenvolverán os sábados nas instalacións da entidade recreativa.
A guitarra e o baixo eléctricos, a percusión, a batería e o canto son, entre outras, as especialidades que serán impartidas por músicos profesionais do colectivo organizador, e que terán atención personalizada. A inscripción será gratuita para os socios do Casino, mentres os non asociados deberán abonar 25 euros, sendo o prezo mensual de 60 euros para catro sesións dunha hora. Os horarios serán fixados dacordo coas necesidades dos propios alumnos.

Te puede interesar