Carballiño disporá en decembro dun centro didáctico da natureza

As antigas instalacións da 'Caseta do peón caminero', ubicada na zona residencial do Parque municipal do Carballiño, serán sometidas a obras de restauración para adicalas a fines didácticos vencellados coa natureza. A Concellería de Medio Ambiente xa dispón dun orzamento de 10.000 euros para acometer unha primeira fase do proxecto, que se centrará en obras de acondicionamento interior do edificio.
Neste sentido, o responsable desta área municipal, Bernardo García, explicou onte que 'os traballos consistirán no reforzo do peche perimetral da finca, que ten 2.000 metros cadrados de superficie; a habilitación dunha sala de 32 metros como aula audiovisual e outras dúas estancias de 16 metros para talleres'.

O edil nacionalista adiantou que 'as obras deberán estar rematadas antes do Nadal, co obxectivo da creación dun centro de educación medioambiental, orientado á participación de escolares'. 'Nos terreos do contorno da caseta -indicou García- tamén se rehabilitarán as antigas cortes para a construcción de viveiros de plantas e frores e cultivos de horta'.

Te puede interesar