Para o libro, Carme Hermida Gulías contou coa colaboración de todos os veciños, hoxe celébrase na Casa do Pobo da Ermida, no Concello de Beariz, un acto de presentación, ás 17,00 horas.
A historia de “A Ermida de Cascofés” está escrita baseándose en abundante documentación coa que se comprobou, entre outras cousas, que esta aldea antes se chamaba Cascofés e foi a primeiros do século XX un lugar onde se instalaron habitantes de outros lugares da comarca que fixeron deste pobo un centro comercial e de transporte entre o interior e os portos cercanos.
Participou na elaboración toda a veciñanza aportando numerosos documentos, fotos e testemuños que permitiron dar sentido ao narrado e fan que este libro sexa ademais de histórico algo vivo e ameno. O acto é aberto a toda a veciñanza.