formación

Catro alcaldes da comarca do Carballiño apostan pola formación laboral

Este martes clausurou o obradoiro de emprego Carbosan, no que participaron 20 veciños da comarca

O salón de plenos da Casa do Concello do Carballiño acolleu, ó mediodía deste martes, o acto de clausura do obradoiro de emprego Carbosan, que durante un periodo de nove meses proporcionou formación en albanelería e forestal a un total de 20 alumnos de San Amaro, Maside, Carballiño e Boborás, que onte recibiron os seus diplomas.

Os alcaldes dos tres primeiros municipios, María del Carmen Pérez, José Manuel Iglesias e Francisco Fumega, e a edil de Emprego de Boborás, Rosa Pérez, coincidiron en salientar o traballo desenvolvido polos alumnos e a necesidade de solicitar outro proxecto deste tipo á Xunta de Galicia. Ó respecto, José Manuel Iglesias mencionou as obras de mellora de espazos públicos realizadas na área recreativa da Rañoa e no barrio de Outeiro Grande, en Maside, "e polo tanto imos apostar por un obradoiro Carbosan para 2019-2020".

Te puede interesar