ENTREVISTA

"A causa da sequía non é a falta de chuvia, senón o gran consumo de auga"

miguel_result
photo_camera Miguel García enseña su investigación climatológica de estos 34 años.

Miguel A. García Pérez, nado no Concello de Cea e licenciado en física pola Universidade Complutense de Madrid, recibirá o Premio Nacional de Meteoroloxía.

Miguel A. García Pérez, nado no Concello de Cea e licenciado en física pola Universidade Complutense de Madrid, recibirá o Premio Nacional de Meteoroloxía. Despois de 34 anos ó frente da estación termopluviométrica do Instituto Chamoso Lamas colaborando con Aemet, a súa única motivación é continuar ca súa investigación. 

¿Cal é o traballo que realiza cada día aquí?

Cada día recollemos os datos da xornada e dos fenómenos que teñen lugar no día. Agora é moito máis sinxelo, antes facíase todo manual.  

¿Qué diría que é o máis difícil da súa labor?

O máis difícil é vir todos os días e o lento que son os resultados. Se un día non ves tes unha lagoa na túa investigación. Ademáis, despois de 34 anos daste conta de que, aínda que parece moito tempo, é pouco para conseguir ter unha tendencia de datos. Con eso non podemos predecir o futuro, non seríamos científicos.  

¿Con qué curiosidades se topou neste tempo?

Curiosidades climatolóxicas, poucas. Anécdotas teño moitas. Un día veu un señor preguntando polo "maestro do tempo", porque na axencia de seguros pedíronlle un certificado de que unha tronada queimáralle o televisor. Non sabía nin que día fora, valíalle calquera no que eu rexistrara tronos. 

¿Cómo calificaría o clima desta comarca?

Temos moi debatido ese tema. É sumamente complexo. É un clima atlántico, pero moi condicionado polas serras da Martiñá e do Faro, que o protexen dos ventos do norte. As tronadas veñen sempre de Ourense, como di o refraneiro e os vellos.  Temos moitos localismos, polo que non se pode facer unha clasificación xenérica. 

¿A sequía é tan preocupante nesta zona?

O 2017 foi o séptimo ano máis seco desde 1984. Non estamos a falar do máis seco, nin moito menos. As precipitacións descenderon un pouco. A causa da sequía non é a falta de chuvia, senón o gran consumo de auga. Os embalses non son un indicativo fiable porque están regulados polas necesidades de producción de enerxía eléctrica. 

¿Como afecta o cambio climático ó Carballiño?

Aquí eu diría que se nota pouco. Os invernos e os veráns son iguais. O que sí se está a producir é unha prolongación dos veráns nestes últimos dous anos, empezan un pouco máis tarde e as chuvias do outono estánse retrasando dende setembro ata máis tarde. 

Te puede interesar