O Chamoso Lamas invita a un roteiro polas orixes da vila

O CARBALLIÑO (IES CHAMOSO LAMAS). 21/11/2019. OURENSE. Retrato de José Luis Osorio, dinamizador de FP dual y José Manuel Vázquez, director del centro. Panorámica del aula donde se imparte el ciclo de Robótica Industrial. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera El instituto Chamoso Lamas, O Carballiño.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas ofrece mañá un roteiro cultural que se desenvolverá polo casco urbano e que estará guiado polo historiador Carlos Montes Marqués. Os interesados en participar, para o que non é necesario inscribirse previamente, deberán acudir ás 11,00 horas ao patio da Residencia Irmáns Prieto.

O percorrido será por os lugares máis significativos do casco urbano carballiñés vencellados coa historia da vila. Ao remate do roteiro, ofrecerase aos participantes un viño e unha tapa de empanada por xentileza da Adega Pazo Tizón, colaboradora deste evento cultural.

Historia

No roteiro abordaranse as circunstancias históricas que deron lugar ao nacemento do Carballiño, incluindo as redes de comunicación, os lugares, as disputas xurisdicionais e o comercio, entre outros aspectos significativos da creación e consolidación da vila carballiñesa, segundo Carlos Montes, autor do traballo titulado “As orixes do Carballiño (1600-1750)”, que foi publicado no número tres da revista Argentarium, do centro de estudos.

Te puede interesar