Cine Club do Carballiño cancela unha proxección por causa dun mitin

Cancelada una proyección en el Cine Club Carballiño
photo_camera Cancelada una proyección en el Cine Club Carballiño

Cine Club Carballiño transmite o seu malestar por ter que cancelar a proxección de “Los reyes del mundo”, prevista para o 26 de maio, debido a que a candidatura de Espazo Común organiza un mitin no Auditorio Manuel María. Asegura a entidade que no mes de marzo contactaron coas diferentes formacións para evitar esta situación  e que “todos os partidos manifestaron a súa vontade de non interferir cos seus actos de campaña na actividade cultural do pobo, e polo tanto das proxeccións de Cine Club”.

A asocación procedeu á contratación e o pagamento dos filmes e a facer a cartelería correspondente, na que se anunciaban todas as proxeccións, pero sinalan que “este domingo día 21 de maio recibimos un whatsapp dun espectador habitual no que se anunciaba un mitin de Espazo Común o mesmo día que nós iamos proxectar ‘Los reyes del mundo’, á mesma hora”.

Te puede interesar