O colexio Vila do Arenteiro recolle alimentos para a Cruz Vermella

O colexio Vila do Arenteiro realiza unha campaña de recollida de alimentos, que se prolongará ata o 20 de decembro, coa intención de entregalos á Cruz Vermella do Carballiño. O mesmo centro tamén ten previsto para ese día, no Auditorio do Carballiño, a celebración da 'I Gala Benéfica Vila do Arenteiro', organizada e patrocinada pola asociación de pais, que facilitará a donación de alimentos á entrada do multifuncional nesa última xornada da campaña.
Mentras, a Cruz Vermella será a destinataria dos alimentos para repartir entre as familias que o necesiten, a recaudación do festival será para a asociación de familias de discapacitados Aspadisi do Carballiño.

A iniciativa foi da asociación de pais que conseguiu implicar ós escolares e persoal do colexio en actividades solidarias

Dentro do programa, tamén se desenvolveu a campaña 'Ningún neno sen ilusión', coa recollida de moitos xoguetes, contando coa participación de toda a comunidade educativa. Os destinatarios foron, neste caso, representantes municipais de Boborás, que se encargan da distribución.

Te puede interesar